|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
"(...) Brath,
fillo de Death, tivo un fillo chamado Breoghan. Foi criado ate o intre
en que poido levar armas. Despois de certo tempo, Brath morreu e Breoghan
ocupou o principado. Moitas disputas e desacordos, pelexas e roces orixináronse
entre as diversas
razas, polo que moitas batallas e escaramuzas foron libradas entre eles. Nembargantes, foi Breoghan cos seus soldados e xente, os que lograron a victoria en cada batalla. E deles foi o triunfo final, polo que estas tribus remataron sometidas . Posteriormente Breoghan fundou unha cidade que chamou Brigantia e tamen edificou unha torre frente á cidade á cal chamouselle Tor Breoghain.. Unha agradable e deliciosa morada, ademais de ser un lugar para mirar e vixiar. Breoghan tivo dez fillos, seus nomes eran: Breg, Cuala, Cuaionge, Bleid, Fuad, Muirtheme, Eble, Nar, Ith e Bile. (...) Ith, fillo de Breoghan era un experto e moi preparado en conocementos e estudios. Sucedeu unha vez que atopandose Ith no alto da Torre de Breoghan, contemplando o mundo o seu redor, pareceulle ver unha sombra parecida á forma dunha elevada illa, lonxe na distancia. Reuniuse cos seus familiares e comentoulles o que había visto. Breg, fillo de Breoghan, díxolle que non había visto terra ningunha.. somentes nubes no ceo, e intentou disuadirlle da sua marcha naquela expedición. Pero, no obstante, el non aceptou permanecer alí. Saíu cos seus barcos ó mar e navegaron en dirección a Irlanda (...)" Extraído
do 'Leabhar Ghabhala' (manuscrito
anónimo
do s.XII escrito en gaélico irlandés)
|
O que teña ou deixe de ter Galicia de celta
é un tema realmente complicado e moi discutido pasándose,
as veces, do "é así" ó "quero que sexa así"
('Galicia é celta, por iso somos diferentes do resto da meseta,
a esperanza celta é un símbolo vivente da
nosa nacionalidade e amosa unha indómita confianza nos nosos destiños
(Castelao)' ou 'Aqui o único celta é o Celta
de Vigo, Galicia ten cultura de seu, distinta do resto da meseta, pero
tamén da celta, adopta-la cultura celta implica perder a nosa propia.')
Esta polémica vese, por exemplo, na música
tradicional... fora de Galicia a nosa música está xa catalogada
coma celta, e a nosa bandeira ondea en festivais de música
celta de moitos países, o
que sen dúbida, reporta un gran beneficio.. pero existe tamén
o temor de que a nosa cultura perda toda identidade e, por exemplo, as
nosas muiñeiras acaben confundíndose con jigas.
Se queres engadir algo ó tema.. xa sabes
a miña dirección