X.S.G.
- Xuventudes Socialistas de Galicia é a organización
dos xóvenes socialistas de Galicia - aspirando no futuro a se-la
asociación dos xóvenes progresistas de Galicia-, integrada
polas agrupacións territoriais, así como as Agrupacións
galegas do exterior. Configúrase como instrumento da mocidade galega
para acada-las súas aspiracións lexítimas, primordialmente
unha transformación ou melloramento constante da sociedade.
- Xuventudes Socialistas de Galicia é unha organización
independente, pero federada coas Juventudes Socialistas de España.
Xuventudes Socialistas de Galicia é a organización xuvenil
do Partido dos Socialistas de Galicia, participando no seu funcionamento
e aportándolle as súas ideas e o necesario impulso, aínda
que Xuventudes Socialistas de Galicia gozará de autonomía,
no funcionamento dos seus órganos e na adopción do seu programa
político.
- Os principios básicos de X.S.G. son:
A democracia interna como garantía absoluta da participación
de tódolos militantes.
- O respeto ás liberdades de conciencia e expresión
e ó libre pensamento de todos e cada un dos militantes.
- A garantía de liberdade de discusión interna.
- Son obxectivos básicos:
- Traballar por unha sociedade democrática, libre, solidaria
e tolerante.
- Fomentar entre os xóvenes galegos valores e actitudes baseados
nas ideas de igualdade, progresismo e participación social.
- Loitar contra todo tipo de explotación.
- Esforzarse na defensa dos intereses e da modernización de
Galicia.
- Os fixados polos seus Congresos Nacionais.
Calquera suxerencia podes dirixila a: xxssg@geocities.com