O "Reino Suevo", O primeiro estado constiuido no territorio de Galiza.
Diste periodo destacan os reis Requiario, quen no 449 adopta o catolicismo, dando paso a unificación das comunidades da Galiza nunha soia, a galega. Requiario rematou perdendo a batalla do Órbigo contra dos Visigodos e foi posteriomente asesiñado. Apesares de que ista derrota significa a entrada no mundo visigodo é ao paso ao arrianismo, as presións de Francos e Bizantinos posibilitan o rexurdir e maximo esplendor do reino baixo Teodomiro e o seu sucesor, Miro, baixo da man dun persoeiro básico na nosa história, Martín de Dumio. Voltase ao catolicismo con Teodomiro no 559 e iniciase un periodo de reorganización que sentará definitivamente as bases da sociedade feudal. Unha herdanza ainda viva diste periodo é a división administrativa en parroquias, ainda que hoxe , e por obra da nefasta división administrativa de Galiza en províncias non teñan a entidade de cando Teodomiro.
Martiño de Dumio (esquerda) persoeiro sobranceiro da nosa história