|
Na introducción ó catálogo da exposición de retratos O fillo da florista comenta Basilio Losada que EBA sempre andaba pedindo que lle sacasen fotos. Recreábase coa propia imaxe e gustaba de ser retratado ollando fixa e divertidamente á cámara. Quería testemuña gráfica da súa estadía en distintos lugares e con distintos personaxes. A selección de dez retratos que presentamos inclúen un percorrido pola súa vida, de novo encostado nun autobús de liña en Vigo, contra un toldo dun comercio en Bos Aires, xogando en posicion de Cristo redentor nunha improvisada peaña, á calor do café porteño tertuliano, recollido co batín da casa e ollando inquisitivamente ó espectador, na biblioteca da súa casa de Bos Aires, ou mesmo disfrazado de "mouro" na súa viaxe a marrocos en 1935 ou cociñando un asado nun xardín porteño. Outras tres amósannos un Blanco Amor maduro: un retrato serio e de estudio dos anos cincuenta, e dúas viaxes exóticas, na serra nevada ou nunha aldea blanca do sur de España. |
This page hosted by Get your own Free Home Page Última actualización 05/01/00 |