|
Na Biblioteca de Deputación de Ourense, consérvanse miles de fotos e negativos sacados por Eduardo Blanco Amor. Entre os personaxes retratados temos a Castelao no enterro do primeiro galeguista exiliado e a Xabier Bóveda coa pintura Maruja Mallo no seu estudio de Bos Aires. En Galicia, nas diversas viaxes que fixo desde Bos Aires, tiraba fotos por pracer e para publicar acompañando ós seus artigos de La Nación ou da revista Galicia do Centro Galego de Bos Aires. Temos así unha fermosa foto da Romaría dos Milagres, varios nenos sobre un horreo ou outros sobre un carro na vila de Noia. Moi anterior será a foto do mariñeiro do Norita co peixe de onde xurdirá "Poema en catro tempos" e outro efébico mariñeiro de camisa branca. Das súas viaxes peninsulares presentámo-los nenos dun con monxas en Madrid ou a unha fermosa cativa nun portal da capital. Se cadra as fotos máis reproducidas de Eduardo son as de Lorca e coa súa nai, tiradas en Granada en 1935 e da que presentamos a máis fermosa da serie. Das viaxes ó exterior traermos dúas de mariñeiros no sur de Chile, en Castro, capital da Illa de Chiloé chamada antigamente "Nueva Galicia" e tres da súa viaxe a Marrocos en 1935. |
This page hosted by Get your own Free Home Page Última actualización 05/01/00 |