A Plataforma polo Galego na Informática elaborou en 1.995 un informe que recollia a situación do galego na informática. Considerando que esa situación non mudou moito cremos que ese informe pode aproveitar-se e servir de base para a análise da situación actual.

Hai partes do informe que xa non son válidas (p.e. as dedicadas ao WWW) no referente aos dados concretos, mas si nas conclusións e tendéncias indicadas. Algunha das cousas das que non se dispuña naquel momento xa as temos agora (p.e. foros de discusión, grupo de novas, servidores WWW galegos, corrector ortográfico, servizo de terminoloxia, ... ). E seguramente haberá dados erróneos ou omisións sen corrixir, mas apesar de todo iso as denúncias e propostas do informe seguen sendo completamente válidas e é, polo tanto, traballo adiantado.