INFORME
Estado Actual do Galego na Informática
Plataforma polo Galego na Informática
Colabora
Apresentación
A informática está presente na maioria dos campos do mundo actual. Cada vez máis. É por iso que nos interesa a língua na que esa disciplina se relaciona con nós. A curiosidade por coñecer a situación levou à Plataforma polo Galego na Informática a realizar este pequeno estudo a todos os níveis posíbeis e dun xeito global. Asi analisamos a administración, empresas privadas e informática persoal, asi como a formación académica, bibliografia e outras cuestións relacionadas. As sorpresas levadas dia a dia conduciron-nos a un estudo paralelo da situación en Euskadi e Catalunya, o que nos serviu para poder sopesar mellor os dados obtidos. O resultado deste traballo, à marxe dun panorama tan desolador (non hai case nada feito), como incitante (temos todo por facer), é este informe que a continuación apresentamos.
Plataforma polo Galego na Informática, 15 de decembro de 1995.
Para a realización deste informe consultamos diversas fontes dos mais variados campos. O obxectivo do mesmo non é dar unha relación completa de toda a información existente sobre o tema senon salientar a mais significativa. Calquer omisión ou erro nos dados oferecidos nel non debe considerar-se intencionado.
Neste informe non aparece reflectida información nen sobre BBSs, nen sobre servidores VideoTex, en parte debido à nosa caréncia de meios técnicos e en parte debido a que comprobar os dados que posuimos requeriria dun esforzo excesivamente grande para a importáncia que ambos teñen en relación aos temas que si tratamos.
Por suposto, para calquer suxestión, indicación ou corrección, sirva-se escreber a:
Plataforma polo Galego na Informática
Apdo. de Correos 2312
15080 A Coruña
Tlf: (981) 251324 (perguntar por António)
Tlf: (981) 554068
Ou tamén na InterNet:
WWW: http://www.des.fi.udc.es/becarios/pardo/Plataforma.html
Correo Electrónico: pardo@sol.des.fi.udc.es ou ben imaxin@interbook.net
Introdución
A informática entra polos ollos e asenta-se no cerebro. Son palabras e símbolos bailando ante nós.
À marxe de estar de moda falar de computadores de colo e de Internet, a informática está en todas partes. Pero sobre todo na educación e nos traballos. E dentro dos traballos está sobre todo nos de "mover papeis", ou sexa administrativos e de xestión.
Por iso é interesante plantexar-se cal é a língua na que os programas nos falan, e na que falamos cos programas.
Porque podemos cumplir un dobre obxectivo:
Por iso a maioria dos programas xa non están en inglés.
Nos parece que xa é hora de que empecen a estar en galego.
Antes de comezar convén definir minimamente alguns conceitos básicos. Dividimos os programas en dous grupos:
O Informe está estruturado nos seguintes apartados:
Administración Pública
Neste apartado tratamos só os grandes programas, dado que a informática persoal, presente en todos os organismos, é tratada nun aparte específico.
A Xunta
Respeito aos grandes programas a Xunta ten os único do que temos coñecimento que traballen en galego. O sabranceiro é o Sistema de Xestión de Procedimentos Administrativos. Tráta-se dun sistema de xestión dos expedientes de calquer tipo que entran na Xunta, por tanto todas as consellerias interactuan con el. É o froito dun forte investimento e está comezando a dar resultados. Este programa está actualmente ampliando as suas funcións.
Tamén existen outros sistemas menores xa instalados ou en fase de desenvolvimento. dos que temos información, pertencentes às Consellerias de Pesca e Sanidade, dicer que as interfaces dos mesmos están en galego. Sin embargo son sistemas baseados no Windows NT e polo tanto o ambiente dos mesmos non está en galego.
As deputacións
Os grandes programas nas deputacións son especialmente trascendentes, dado que son a maioria dos que usan os concellos delas dependentes, sobre todo os numerosísimos concellos pequenos carentes de presuposto para automecanizar-se. Esta característica implica que o mesmo programa está presente en todos os concellos desa deputación, e por tanto se se fixe-se en galego, ou se traducisen os existentes, todos os concellos dependentes estarian traballando en galego.
Tomando como exemplo a da Coruña, en cuestión de grandes programas como son o Sistema Xeral de Xestión de Planos ou o Sistema de Xestión Tributária, que afecta absolutamente a todos os concellos dependentes da deputación, ningun deles está en galego, pese a estar feitos na Galiza.
Os concellos
No caso dos concellos hai iniciativas illadas, pero sobre todo nos concellos pequenos, onde non hai grandes programas, dado que utilizan maiormente os das deputacións.
Dos concellos grandes, por citar dous casos, Santiago está mecanizado en galego. No caso da Coruña, vemos que os programas non están en galego, como é o caso do soporte informático para o Plano de Ordenación Urbana.
Empresas privadas
A Banca:
É un caso típico de grandes programas. De todos os bancos consultados, todos de aqui, ningun ten nada en galego. Só un caso que, como grande licéncia, à primeira hora da mañá saúda en galego e ao acabar a xornada despede-se en galego.
Hai grandes investimentos como por exemplo os programas que soportan a integración das Caixas de Aforros, pero nada está en galego.
Os caixeiros automáticos case todos ao comezar están en español e só alguns pasan ao galego tras introducir o cartón.
Unha curiosidade: unha sucursal dun banco catalán consultada confirmou que en Catalunya os seus programas están en catalán, pero aqui están en español, como no resto do estado.
Empresas de informática:
Consultadas as principais, dividimos en:
Como detalle sintomático: a maior empresa de informática do mundo viu-se na necesidade de modificar os seus teclados introducindo un signo ortográfico próprio e mesmo a criar unha tabela de caracteres nova nas suas máquinas para poder seguir vendendo en Catalunya. Isto foi hai aproximadamente 8 anos (1987). Lembremos que a polémica polo eñe foi hai só uns tres anos.
A informática persoal:
É especialmente trascendente; a informática persoal está en todas partes: nas grandes empresas, nas meias e nas pequenas, na administración, nas escolas, universidades, e nunha crecente porcentaxe dos fogares.
Son os programas dos computadores persoais; os editores de texto, follas de cálculo (usadas na maioria das pequenas e meias empresas), bases de dados, programas de deseño, etc. Programas coñecidos por todos e usados pola maioria.
Dada a competéncia feroz existente entre os distintos fabricantes, para que un fabricante non traduza os seus produtos a unha língua é praticamente necesária unha negativa explicita de algunha autoridade. Un exemplo: unha universidade compra 1000 licéncias dun programa para uso administrativo; esa universidade ten unha língua oficial, sen embargo os 1000 programas que compra están nunha língua distinta. Que fabricante non desexaria ser o que vende eses 1000 programas? E que universidade non desexaria compra-los na sua língua oficial?
Pois ben, os únicos programas deste tipo existentes en galego son:
Como comparativa dicer que en Catalunya, froito dunha campaña do governo autónomo hai non menos de 30 programas de amplísima difusión traducidos, entre sistemas operacionais, editores de texto, follas de cálculo, correctores e demais. (Ver apéndices).
Hai que destacar que as multinacionais están dispostas a traducir os seus produtos ao galego (e a calquer idioma), con ter garantido un número mínimo de vendas. A recente notícia da negativa da Xunta a pagar 40 millóns de pesetas pola tradución de todos os programas de uso maioritário dunha marca ben coñecida, contrasta enormemente non só co presuposto destinado à normalización da língua (da orde dos 3.000 millóns), senón tamén ca forte inversión en informática interna (O Sistema de Xestión de Procedimentos Administrativos, que si está en galego). Porque ou ben a informática interna está en galego porque non queda máis remédio ou se non é que hai certo temor à popularización da informática na nosa língua. De todas formas segundo fontes de dita empresa esta nega ter falado de ningunha cifra, senón que só falaron de garantir un mínimo de vendas.
Formación
Dentro deste apartado consideramos a situación dentro da Faculdade de Informática da Universidade da Coruña, como centro de formación de mais alto nível dentro do campo da informática na Galiza.
Os dados son concluintes e non requiren maior comentário:
Primeiro salientar que os futuros profesionais e educadores informáticos receben a totalidade das suas aulas en español, o que dificulta enormemente a normalización do noso idioma dentro das novas tecnoloxias.
Canto aos proxectos realizados na Faculdade de Informática só hai 3 en lingua galega, como curiosidade dicer que 2 están feitos por membros fundadores da Plataforma. Outro dado importante é a caréncia de apuntamentos en galego, e só en casos pontuais algúns profesores poñen os seus exames e notas en galego.
|
Total |
En lingua galega |
Porcentaxe en galego |
Proxectos fin de Diplomatura |
207 |
3 |
1.45 %
|
Proxectos fin de Licenciatura
|
21 |
0 |
0 % |
Xornadas sobre Informática e Língua
Outro aspecto a saientar dentro da formación universitária é a existéncia tanto en Euskadi, Catalunya como no País Valenciá de xornadas organizadas polas universidades e adicadas à relación entre a informática e a língua con especial atención à terminoloxia. Na Galiza nen existen estas xornadas nen hai, en xeral, unha preocupación sobre a terminoloxia.
Apoios oficiais
Neste apartado amosamos información da situación encanto a axudas económicas por parte da Administración Pública Galega, asi coma campañas e accións concretas de apoio à normalización da nosa língua no campo da informática comparando-o coas Admistracións Catalana e Basca.
Segundo dados obtidos da Direción Xeral de Política Lingüística nen hai axudas específicas encamiñadas a promover a galeguización dos servizos e sistemas informáticos das empresas, nen seria posíbel obté-las dentro daquelas axudas destinadas à galeguización das empresas. Ademais, non dispoñen de información relacionada coas novas subvencións da Comisión Europa (información aparecida en "La Voz de Galicia" do 15 de Novembro de 1995), para a creación de bases de dados terminolóxicas, dicionários, tradutores, etc., nen teñen artellado nengún plano semellante a nível galego.
Resumindo, isto quer dicer que na Galiza non existe nengún tipo de subvención concreta relacionada coa galeguización da informática. Pola contra, a situación en Euskadi e Catalunya é ben distinta:
En Euskadi existe unha empresa participada polo Governo Vasco chamada UZEI que está involucrada tanto na traducción de programas informáticos como na edición de dicionários terminolóxicos, ademais conta cun servizo telemático de consulta terminolóxica a través de Videotex. Tanto a Deputación coma o Governo Basco participan tamén neste tipo de proxectos; en concreto, apoiaron à Faculdade de Informática de Euskadi e a UZEI para, entre outras cousas, realizar un dicionário de informática e un corrector ortográfico de euskera. Outra das actividades promovidas polo Governo Basco é a programación de software educativo en euskera (no apéndice dedicado aos dados concretos amosan-se várias empresas adicadas a este tipo de proxectos).
En Catalunya a Generalitat ten unha participación activa na normalización do catalán en todos os campos, polo tanto tamén no da informática. Dentro deste labor interveñen diferentes organismos autonómicos como a Direcció de Cultura ou o Departament dŽEnsenyament. Entre as actividades mais importantes podemos salientar as seguintes:
Edición dunha colección de dicionários terminolóxicos de informática en colaboración coa Fundació Barcelona e o TERMCAT (Centro de Terminoloxia). A Generalitat tamén foi a encarregada da creación do AD HOC, corrector ortográfico do catalán que traballa con calquer procesador de textos que non utilice pantalla gráfica. Campaña "PosaŽt el Català en pantalla" consistente en substituir algúns programas orixinais pola sua versión en catalán sen gasto adicional para o utente. Por dar un dado: segundo a estimación da empresa B.S.A. hai un 70 % de programas piratas no mercado. Pois ben, tras desta campaña foron cambiados uns 2.000 programas orixinais pola versión en catalán, o que é unha porcentaxe mui alta do total de programas orixinais que pode haber en Catalunya. Campaña PIE (Programa de Informática Educativa), que proporciona material en catalán para o ensino asistido por computador na E.X.B. e B.U.P. (xa no ano 92 oferecian mais de 100 programas deste tipo). Ademais a Generalitat ten unha listaxe de produtos recomendados polo feito de ter a sua interface ou manuais en catalán. Nas compras realizadas por organismos autonómicos, estes productos teñen vantaxe sobre outros de características semellantes que non estean normalizados.
Galiza na Internet
O tema da InterNet está, sen dúbida, de moda. InterNet proporciona actualmente grandes cantidades de información en numerosas áreas de interese. No momento actual a maneira mais habitual de apresentar esta información é mediante os denominados servidores WWW. Estes servidores conteñen documentos hipertexto que mediante gráficos, texto, son e vídeo fan mais agradabel a 'navegación' por estas grandes bases de información. O acceso dun utente aos servidores WWW tamén é sinxelo -inda que algo caro polo momento-, precisando só dun computador, unha ligazón telefónica cun proveedor de servizos InterNet e o software axeitado -proporcionado normalmente de balde polo proveedor do servizo InterNet-.
Ollando a relación de servidores WWW recollidos no apartado que acompaña este informe, salientar a diferenza existente entre o número de servidores en Galego ou Vasco e o número deles en Catalán. Mentres os primeiros non chegan en cada caso à decena, os segundos superan a centena. Ademais tamén é importante salientar que só na Catalunya existen empresas dedicadas a oferecer servizos InterNet e é a que apresenta un maior número de publicacións electrónicas (dentro das cais destaca a presenza do diário en catalán, AVUI e do bilingüe, El Periódico).
Canto à língua na que estes apresentan a sua información a situación é diferente en cada unha das comunidades e depende en gran maneira do proprietário do servidor. Así cando o servidor e propriedade dun particular ou dunha empresa a língua empregada dependerá da elección persoal desa persoa ou entidade, mais cando o servidor pertenza a unha institución pública ou organismo oficial existirán condicionantes desde o ponto de vista das normativas ou estatutos que estabelezan ou regulen as actividades destas entidades.
Isto é particularmente certo no caso da Galiza, porcanto os principais servidores pertencen às universidades da Coruña e Santiago de Compostela. Ambas as duas, tal e como se recolle nos seus estatutos, teñen ao galego como língua oficial e o compromiso de normalizar o seu uso entre a comunidade universitária. Segundo iso ambas apresentan a sua información en galego, anunciando que as versións en castellano e inglés están en preparación. Canto à universidade de Vigo non ten servidor próprio, inda que de te-lo teria o mesmo compromiso co galego segundo o recollido nos seus estatutos.
Mais esta situación de aparente normalidade non é homoxénea cando analisamos a língua empregada nos servidores dos departamentos ou centros que pertencen a estas universidades, e polo tanto rexidos polos mesmos estatutos. No aspecto positivo salientar ao DES (Departamento de Electrónica e Sistemas) da UDC e ao CESGA (Centro de supercomputación da Galiza) da USC que apresentan a sua información en galego, español e inglés. No negativo temos o servidor do Departamento de Tecnoloxia das Comunicacións, único ponto de información en InterNet dependente da Universidade de Vigo, que apresenta a sua información só en español e inglés, o servidor pertencente ao Departamento de Computación da UDC que só apresenta a sua información en Inglés, inda que é de xustiza dicer que dentro deste departamento existen vários grupos de investigación con servidores próprios (LFCIA e RNAS-LAB), e que estes grupos empregan o galego nos seus servidores, e o servidor do rectorado da UDC que só apresenta a información en español e nen tan sequer respeita o topónimo oficial da cidade.
Fora do que é a universidade atopamo-nos só con tres servidores WWW na Galiza: O do ILGA, o do Correo Galego -non está realmente na Galiza- e o do Parque Tecnolóxico de Ourense. O primeiro apresenta en galego información sobre diversos aspectos da nosa língua e oferece diversos servizos de interés -como un diccionário interactivo que todavia está en preparación-, tamén teñen anunciada unha futura versión en inglés. O servidor do Correo Galego apresenta un resumo das novas do xornal en galego e constitue a única publicación diária galega e en galego accesibel na InterNet. Sen embargo, e supoñemos que debido a que a empresa que mantén o servidor non é galega, a interface para acceder às novas está en español. Por último, o servidor do PTG apresenta a sua información só en inglés e español, inda que esta entidade dependa da Xunta.
Canto à situación en Euskadi é algo distinta, os seus servidores non teñen unha dependéncia ao respeito de organismos públicos tan forte como no caso galego. Dos servidores dos que temos referéncias hai tantos pertencentes a empresas privadas como a centros de investigación, ademais do pertencente à UPV (Universidade do Pais Vasco), que curiosamente non apresenta a sua información en euskera e o fai só en inglés e español. Polo que respecta aos demais servidores, dos pertencentes às empresas empregan a opción trilingüe -Inglés, Euskara e Español-, excepto IBERDROLA que só pon información en español, mentres que os centros de investigación poñen-a maioritariamente só en Inglés inda que hai excepcións como o centro LABEIN, que emprega a opción trilingüe xa comentada.
Para rematar salientar tres aspectos que consideramos importantes ao respeito da situación en Catalunya:
Bibliografia
Ainda que pudese parecer que, dentro dun informe sobre o galego na informática, un apartado dedicado à bibliografia é de menor importáncia ao respeito dos demais, isto non é asi posto que a disponibilidade de libros técnicos nunha determinada língua é un bó indicador de até que ponto esta se emprega neses campos. Desde ese ponto de vista os dados amosados neste apartado son reveladores:
Na Galiza só existen 5 libros en galego relacionados coa informática, que son os seguintes:
O grave é que ademais non hai unha liña definida cara à edición de libros de informática en galego, senón que os existentes son o resultado de iniciativas particulares e esporádicas.
Como xa pasaba noutros apartados, a situación en Euskadi e Catalunya é bastante mellor.
En Euskadi existen uns 15 libros tanto a nível universitário coma F.P. ou temas xerais, destacando o Dicionário de Termos Informáticos, editado a través da colaboración entre a fundación UZEI e a F.I. da U.P.V., ou o Dicionário de termos xurídicos en formato electrónico. Pero o importante é que teñen empresas (como Elhuyar) cunha clara implicación na publicación de libros e revistas técnicas ou de divulgación científica.
En Catalunya a situación é envexábel desde o noso ponto de vista:
Temos referéncia de polo menos 9 dicionários, que ou ben son de terminoloxia informática ou están en formato electrónico. En canto a libros hai unha ampla variedade (mais de 100) que van desde libros introductórios, para nenos, técnicos, apontamentos da universidade, videos, etc. Salientar que tamén existe un servizo que permite acceder de xeito remoto ao catálogo bibliográfico da rede de bibliotecas públicas e universitárias catalanas, e co cal tiramos as referéncias bibliográficas que aparecen no apéndice.
Dentro da bibliografia, subliñar de xeito especial às publicacións feitas en CD-ROM pola sua actualidade. Non dispoñemos de referéncias sobre ningún destes CD ROMs feitos na Galiza, namentres que dispoñemos dalgunhas de Euskadi (destacar un sobre a língua basca e un proxecto de enciclopedia basca) e várias en Catalunya (como o famoso HiperDiccionari ou a Enciclopédia Catalana).
Conclusións e Propostas:
Conclusións
Propostas
APÉNDICES
Apéndice 1
Dados concretos nos que se baseou o Informe
PROGRAMAS E EQUIPAMENTOS INFORMÁTICOS
GALEGO
Corrector ortográfico do galego para WordPerfect
Glosário Inglés-Español-Galego de termos informáticos
Programa de exercícios de Língua Galega, EXERGAL
Programa de Contabilidade
EUSKERA
Corrector ortográfico do Euskera.
Windows 95.
Word 6.0 para Windows.
Empresas adicadas ao desenvolvemento de programas educativos
ELHUYAR: Publican unha revista de divulgación científica, libros de texto de ciéncias, software multimédia, enciclopédia xeral en euskera.
ALECOP: Software Educativo.
ORIXE TALDEA: Software Educativo.
Nota: O Servizo de euskara do Governo Basco publicou en 1991 un catálogo de software educativo en euskera. A maioria dos programas contaron con axudas do Governo Basco.
CATALÁN
Listaxe Oficial
Apple Computer
Computadores Apple [Veñen co S.O. Macintosh 7.5 en Catalán]
Sistemas Operacionais Macintosh [Versións 7.1 e 7.5 en Catalán]
Audifilm Girona
Sistema de Información Xeográfica Territorial ASCODES-AUDIGIS [Interface e manuais en Catalán]
Sistema de Xerenciamento para a administración local GENESYS [Interface e manuais en Catalán]
Automatizació d'Espectacles i Museus
Amanda Museu V4.38C [Interface e manuais en Catalán]
Amanda Teatre V4.23 [Interface e manuais en Catalán]
APD-Microteam
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
AT&T
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
BULL
FlowPath, Sistema de Xerenciamento do Fluxo de Traballo [Interface e manuais en Catalán]
Impresoras
Compuprint Pagemaster 201 [Manuais en Catalán]
Compuprint Pagemaster 413 [Manuais en Catalán]
Compuprint Pagemaster 825/1025 [Manuais en Catalán]
ImageWorks Classic, Xerenciamento de Documentos [Interface e manuais en Catalán]
Computadores Zenith Data Systems série A-300/400 [Veñen co S.O. Windows e os manuais en Catalán]
Canon
Impresora BJ-200 [Manuais en Catalán]
Compaq
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Data General
Computadores DG/Vision e Dasher [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Sistema Operacional DG/UX 5.4 [Interface e manuais en Catalán]
Dell
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Didaktos Soft
DDEXPE, Xerenciamento de Expedientes [Integramente en Catalán]
Dec
Impresoras
Dec MultiJet 1500 [Manuais en Catalán]
Dec Laser 1152 [Manuais en Catalán]
Digital LA424 [Manuais en Catalán]
Digital Colormate PS [Manuais en Catalán]
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Distribució i Gestió Empresarial Catalana
WORDVER, Corrector de Catalán [Integramente en Catalán]
Enciclopédia Catalana
HiperDiccionari catalá-español-inglés [Integramente en Catalán]
Enginyeria del Software
FDSTerm, Emulador de terminais para Windows [Interface e manuais en Catalán]
EuroBoard
Computadores Artech [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Facit
Impresoras
Laser P8042WIN [Interface de operación en Catalán]
Matriciais [Manuais e Configuración Interna en Catalán]
Fujitsu
Impresoras
VM-4 [Manuais en Catalán]
Print-Partner 10/10W [Manuais en Catalán]
DL 1150/1250 [Manuais en Catalán]
DL 3700/3800 [Manuais en Catalán]
Computadores série S [Veñen co S.O. Windows e os manuais en Catalán]
Hewlett Packard
Impresoras
DeskJet 520 [Manuais en Catalán]
DeskJet 560C [Manuais en Catalán]
LaserJet 4P [Manuais en Catalán]
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Sistema Operacional HP-UX 9.0 [Interface en Catalán]
Infordisa
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Informática El Corte Inglés
InvesDoc V6.0 [Interface en Catalán]
Computadores Investrónica [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
IBM
Diccionário Ortográfico IBM Office/400 [Autocorreción de Textos en Catalán]
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Sistema Operacional AIX RS/6000 [Interface e manuais en Catalán]
ICL
Computadores ICL ErgoPro e ErgoLite [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Lotus
AmiPro 3.01 [Interface e manuais en Catalán]
Microsoft
Excel 5.0 [Interface e manuais en Catalán]
Word 6.0 [Interface e manuais en Catalán]
S.O. Windows 3.1 [Interface e manuais en Catalán]
NewLink España
Extra! [Interface en Catalán]
Olivetti
Computadores séries Modul e Suprema [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Oracle
Data Browser [Interface en Catalán]
Forms, reports e SQL*PLUS [Interface e manuais en Catalán]
Xerenciamento de Bases de Dados Relacionais ORACLE [Interface e manuais en Catalán]
Rank Xerox
Impresoras
4010 [Manuais en Catalán]
4011 [Manuais en Catalán]
4213-11 [Manuais en Catalán]
SPAI
Controlo e seguimento de expedientes GAUDI 3.0 [Integramente en Catalán]
Xerenciamento de actas e resolucións GAUDI-SPAI [Integramente en Catalán]
Rexistro de Entradas e Saidas GAUDI 3.0 [Integramente en Catalán]
Sistemas de Información para Direitivos GAUDI-SID-SICAL 1.0 [Integramente en Catalán]
Siemens Nixdorf
Computadores [Veñen co S.O. Windows e os manuais de instalación e configuración en Catalán]
Sistema Comfodesk 4.0 [Manuais en Catalán]
Software AG
Natural Geographic [Interface e manuais de utente e referéncia en Catalán]
SUN
S.O. Solaris [Interface e manuais en Catalán]
Tulip
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Unisoft Empordá
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Unisys
Computadores [Veñen co S.O. Windows en Catalán]
Sistema Integrado de Xerenciamento de Bibliotecas TINLIB [Interface e manuais en Catalán]
VTLS
Sistema Integrado de Xerenciamento de Bibliotecas VTLS [Interface en Catalán]
WordPerfect
WP 6.0 [Interface en Catalán]
Outros Produtos
Antivirus SCAN de McAfee
Corrector Ortográfico e Dicionário do Catalán para o procesador de textos WordPerfect.
Corrector Ortográfico do Catalán para o procesador de textos Word para Windows.
Corrector Ortográfico do Catalán. Enciclopedia Catalana.
Corrector Ortográfico do Catalán, ADHOC. Programa de Informática Educativa. Generalitat de Catalunya.
Corrector Ortográfico do Catalán para Macintosh.
Ferramentas para o sistema de escritura TEX.
S.O. MS DOS 5.0
Windows 95.
SERVIDORES WWW
SERVIDORES WWW NA GALIZA
A Coruña (Universidade)
Comisión de Extensión Universitária [Galego]
Departamento de Electrónica e Sistemas [Galego, Español e Inglés]
Departamento de Computación [Inglés]
LFCIA (Laboratório de Fundamentos da Computación e Intelixéncia Artificial) [Galego]
RNAS-LAB (Laboratório de Redes de Neuronas e Algorítmos Xenéticos) [Galego]
Rectorado [Español]
SIAIN (Servizos de apoio á investigación) [Galego]
Santiago
CESGA (Centro de Supercomputación da Galiza) [Galego, Español e Inglés]
El Correo Gallego / O Correo Galego [Notícias en Galego, Interface en Español]
ILGA [Galego]
Universidade de Santiago [Galego]
Area Medicina Preventiva [Galego, Español e Inglés misturados]
SNL (Servizo de Normalización Lingüística) [Galego]
Ourense
Parque Tecnolóxico (Dependente da Xunta) [Español e Inglés]
Vigo (Universidade)
Departamento de Tecnoloxía das Telecomunicacións [Español e Inglés]
SERVIDORES WWW EN EUSKADI
Bilbao Bizkaia Kutxa, BBK [Euskera, Español e Inglés]
Bilbao Metrópoli-30 (Metro de Bilbo) [Euskera, Español e Inglés]
European software Institute (Dependente do Governo Basco e a CEE) [Inglés]
FEND [Inglés]
Festival de Cine de San Sebastián [Euskera, Español e Inglés]
IBERDROLA [Español]
LABEIN Technical Research Center [Euskera, Español e Inglés]
Universidade do País Basco [Español e Inglés]
Nota:
Existe un grupo de discusión en InterNet.
Servidores WWW EN CATALUNYA
Asertel [Catalán, Español e Inglés]
Caixa de Arquitectos [Español]
Calidoscopi (Catalunya Rádio) [Catalán]
Capitol Catalá da InterNet Society [Catalán, Español e Inglés]
CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas)
Instituto de Investigación en IA [Inglés]
Instituto Ciéncias dos Materiais [Inglés]
Concello de Barcelona [Catalán, Español e Inglés]
Concello de Reus [Catalán]
Conexis [Español]
Diputación de Barcelona [Catalán, Español e Inglés]
El Periódico de Catalunya [Español]
Fundación Catalana para a Investigación [Catalán, Español e Inglés]
Instituto de Estudos Espaciais [Catalán, Español e Inglés]
CESCA (Centro de Supercomputación de Catalunya) [Catalán]
GEA (Grupo de Estudos Astronómicos) [Catalán e Español]
Generalitat
Departament d'Ensenyament [Catalán]
A Close Look to Catalonia [Catalán, Español, Inglés, Francés e Alemán]
GlobalCOM [Catalán e Español]
GRN Servizos Telemáticos [Catalán]
Hostal Casa Rovira [Inglés]
Infopista (Non puidemos obter dados por problemas técnicos).
Edicións 62 [Catalán]
InterCOM [Español e Inglés]
La Vanguardia [Español]
LleidaNet [Catalán]
Concello Alcarrás [Catalán]
Next Net Services [Catalán e Español]
Pangea [Catalán, algunhas cousas en Inglés]
Publimatic: Cyber Comercial International [Español e Inglés]
Qsystems [Inglés]
SCSI Net [Catalán]
El punto Bobo [Catalán e Español]
eKiosK [Catalán e Español]
CDIS [Español]
Seker BBS [Español]
SERVICOM [Catalán, Español e Inglés]
SOFTLY [Catalán, Español e Inglés]
Universidade Autónoma de Barcelona [Catalán]
Aula de Informática de Ciéncias Sociais [Catalán]
Centro de Cálculo da área de estacións de traballo UNIX [Catalán]
Centro de Investigación Matemática [Inglés]
Centro de Visión por Computador [Inglés]
Instituto de Investigación en IA [Inglés]
Instituto de Ciéncias dos Materiais [Inglés]
Instituto de Física de Altas Enerxías [Catalán e Inglés]
Servizo de Resonáncia Magnética Nuclear [Catalán]
Universidade de Barcelona [Catalán]
Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular [Catalán, Español e Inglés]
Departamento de Enxeñaría, Química e Metalúrxica [Inglés]
Sociedade Española de Astronomía [Español e Inglés]
Universidade de Girona [Catalán]
Escola Politécnica Superior [Catalán]
Faculdade de Direito [Catalán]
Faculdade de Ciencias Experimentais e da Saude [Catalán e Inglés]
Faculdade de Letras [Catalán e Español]
Faculdade de Ciéncias da Educación [Catalan e Inglés]
Instituto de Química Computacional [Catalán e Inglés]
Instituto de Ecoloxía Acuática [Catalán e Inglés]
Universidade de Lleida (Non é un Servidor WWW, senón un Servizo Telnet) [Inglés]
ETS Enxeñaría Agraria de Lleida. Métodos Informáticos [Catalán]
Universidade de Navarra
IESE (International Graduate School of Management) [Inglés]
Universidade Politécnica de Catalunya [Catalán]
Biblioteca [Catalán, Español]
Departamento de Arquitectura de Computadores [Catalán e Inglés]
Departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos [Catalán, Español e Inglés]
Departamento de Enxeñaría Electrónica [Catalán, Español e Inglés]
Departamento de Teoría do Sinal e Telecomunicacións [Catalán, Español e Inglés]
Faculdade de Informática de Barcelona [Catalán, Español e Inglés]
Instituto de Cibernética [Catalán e Español]
Universidade Pompeu Fabra [Catalán, Español e Inglés]
Centro de Investigación en Economía Internacional [Inglés]
Instituto Universitário de Linguística Aplicada [Catalán, Español, Inglés, Francés e Portugués]
Instituto Universitário do AudioVisual [Catalán e Inglés]
Universidade Ramón Llul [Catalán]
Universidade Rovira e Yirgili [Catalán]
Departamento de Enxeñaría Informática [Catalán]
Faculdade de Químicas e Letras [Catalán]
SEECAT (South European Engineering Center for Advanced Transport Phenomena) [Inglés]
UniverCiutat [Catalán]
Xarxa Site [Catalán, Español e Inglés]
EXEMPLO DE PROVEEDOR DE SERVIZOS WWW: SERVICOM
ServiCom é un ben coñecido proveedor de servizos WWW de ámbeto estatal e orixinário de Catalunya. Recollemos aqui alguns dos seus clientes cataláns mais representativos e un resumo do total de servidores presentes en ServiCom e en que línguas oferecen a sua información. A razón de elexir ServiCom foi debido a que este proveedor amosa a língua na que están os servidores dos seus clientes cando apresenta o índice dos mesmos, e polo tanto facilitou-nos muito a tarefa de recollida de dados.
SERVICOM [Interface: Catalán, Español e Inglés]
A Caixa [Catalán, Español e Inglés]
A Illa (Centro Comercial de Barcelona) [Catalán]
Diário AVUI [Catalán]
El Diario Vasco [Español]
ESADE [Catalán, Español e Inglés]
Gournet (Guía de restaurantes) [Catalán, Español, Inglés, francés, Italiano, Alemán e Xaponés]
HotelNet (Guía de Hoteis) [Catalán, Español, Inglés, francés, Italiano, Alemán e Xaponés]
InterPlanet [Catalán e Español]
TV3 [Catalán]
Resumo SERVICOM
Total Compañias 79
Non empregan catalán 65
Empregan Catalán (só ou con outras línguas) 14
Empregan Euskera ou Galego 0
Nota:
Existen grupos de discusión en catalán.
BIBLIOGRAFIA
BIBLIOGRAFIA EN GALEGO
Informática: Ordenadores e Procesadores de Texto. J. Ricardo López Saavedra. AS-PG/A Nosa Terra.
Introducción à informática e às telecomunicacións. Emilio Garcia Roselló. Universidade de Vigo.
Metodoloxia da Programación.
O meu 1ș libro de informática. (Non dispoñemos da referéncia concreta).
Vocabulário de Informática Galego-Inglés-Español. Javier Gomez Guinovart, Anxo M. Lorenzo. Universidade de Vigo.
BIBLIOGRAFIA BASCA
Textos universitarios
Programatzeko Algoritmoak. Ariketa-Bilduma. (Algoritmos de programación. Colección de exercícios). Sarasola, K. UEU, 1984.
Konputagailuen Oinarrizko Egitura. (Estrutura básica dos computadores). Alegria, I. UEU, 1985.
Konputagailuen Oinarrizko Egitura. (Estrutura básica dos computadores). Alegria, I. Elhuyar, 1987.
PASCAL. Elhuyar Informatika-Taldea. Elhuyar, 1988.
LISP Programazio-Lengoaia. (A linguaxe de programación LISP). Bastarrika, J. R. eta Sarasola, K. UEU, Bilbo 1991.
Programen Egiaztapena eta Eratorpena. (Verificación e derivación de programas). Arregi, X. Diaz, A. eta Lucio, P. UEU, Bilbo 1993.
C Programazio-Lengoaia. (A linguaxe de progración C). Artikulu-Sorta "Elhuyar Zientzia eta Teknika" aldizkarian. Elhuyar, 1992.
Konputagailuen Antolaketa Egituratua. Structured Computer Organization (Traducción). Andrew S. Tanenbaum. UPV-EHU, Bilbo 1994.
ADA Lengoaia eta Metodologia. ADA The Language and Methodology. (Traducción). David A.Watt, Brian A. Wichmann eta William Findlay. UPV-EHU, Bilbo 1996.
Textos para FP
Informatika. Oinarrizko Kontzeptuak. (Conceptos básicos de informática). Elhuyar Informatika-Taldea. Elhuyar, 1984.
Oinarrizko Informatika. (Informática básica). Roberto Olea, Iñaki Pikabea. Elhuyar, 1993.
Outros
MS-DOS Sistema Eragilea. (O sistema operacional MS-DOS). Elhuyar, 1986.
BASIC. Programatzeko Ariketak. (Basic: Exercícios de programación). Elhuyar Informatika-Taldea. Elhuyar, 1986.
Informatika Atlasa. (Atlas de Informática). Edicións Marfil, 1989.
Informatika Hiztegia. (Dicionário de Informática). UZEI, 1993.
BIBLIOGRAFIA CATALANA
Apuntamentos, Actas de Congresos
Cibernética, Ordenadors i Teoria de Sistemes. Actas da III Conferencia Internacional de Computadores.
Escola Informática DŽestiu. Actas de 1979, 1980, 1982.
Gestió dŽun department dŽinforática. Apuntaments da FIB.
Informática básica II. Depto de Llinguatges, Sistemes Informátics. UPC.
Manual dŽutilizació de lŽaula dŽinformatica. TURBO C.
Métodes dŽavaluació del rendiment dels ordinadors. Escola Informática dŽEstiu, 1978.
Qüestió quaderns dŽestadística, sistemes, informátic... Análisi dŽaplicacions informátiques. Apuntamentos da ETSEIB.
Técniques dŽanàlisi del rendiment dels ordinadors. Lluis Colomer.
1es Jornades de supercomputació a Catalunya. FCR.
Dicionários
Diccionari dŽinformática. Carles Castellanos i Llorenç.
Diccionari dŽinformática. Camara de Comerço, Indústria i Navegació.
Diccionari de termes informátics catala, anglés, castellá, francés. Ana Cervera, Josep Merenciano. Servei de Llengües i Terminologia de la UPC.
Diccionari de terminologia informática. Jaume dŽUrgell, Martí Ballester.
Libros
BASIC 1, priver aps cap al mon de la informática. Enric López.
BASIC 2, introducció al tractament de fitxers. Enric López.
Barcelona i la informática en el ambent educativ. Barcelona Ajuntament.
Bibliografia dŽinformática. Generalitat de Catalunya. Comisió de Bibliografía.
Cibernètica i Societat. Wrever Nabert.
Cibernètica o control i comunicació en lŽanimal i la máquina. Norbert Wrevever.
Connecta el micro. Mercé griera i Fisa (9 volumes).
Contes a la vora de lŽordinador. Roger Torres.
Educació i noves tecnologies. Saramana Jaume.
El meu primer llibre de BASIC. Novelli Luca.
El meu primer llibre de LOGO. Novelli Luca.
Euclides i la tortuga una aproximació. Fábrega Albert
Fondaments dŽinformatica. I programacio. Sánchez- Miguel.
Guia de lŽusuari dŽinformática amb catáleg de programes professionals (1985-86).
Informática aplicada a la matemática del cicle superior dŽE.G.N. Lluis Segara. Diputació de Barcelona.
Informática aplicada a lŽenseyament. Pere Carbú, Lluís Segara. Diputació de Barcelona.
Informática básica. ETSEI.
Informática básica. GTSGI.
Informática básica. Tractament de alfanumerics. VOL 8.
Informática básica. Estructures de dades. VOL 9.
Informática básica. Estructures de dades, complement de programes.
Informática básica. Arxius. VOL 10.
Informática básica. Manual del sistema dŽedició de programes amb el microordinadors UNITRON.
Informática básica per lŽequip de profesionals de la cátedra de Métodes Informátics (2 volumes).
Informática programació + BASIC. Barceló Carles.
Informatica II. Diaz Cort Josep.
Introducció al Pascal. López Enric.
Introducció a la Informatica. Eric Casabun.
Introducció a la Informática. Guilera Agüera Llounç.
LŽABC del BASIC. Una introducció a la programació per a bibliotecam. Eric J. Hunter.
Lart electronic a lŽescola lŽus creativ del vídeo i de la informática. Josep Ibañez.
La Informática a lŽeducació infantil i primer cicle de primária. Aurélia de Sancho.
La Protecció de les dades personals, regulació nacional i internacional de la seguretat informática. Valentín Carrascosa.
Llibre blanc de lŽelectronica i la informatica a Catalunya. Generalitat de Catalunya.
LOGO a parvulari i cicle inicial. UPC.
Quans dues intelligències es troben infants i ordinadors: experiència sobre lŽus dels ordinadors dut a terne a les escoles. Emilia Reggio.
Qui vo té por de LŽordinadoor?. Guïllen Santiago.
Supeordinador. Packard Edward.
Técnicas de clasificación externa: cintas y discos. Jaume Argila.
Treu profit del teu ordenador: Primer llibre dŽinformática. Jordi Baldrich, Jordi Quintana.
Un ordinador gens ordinari. Kahn Michéle. Alfaguara (Contens Infantis).
Publicacións Periódicas
Convenció Informática Llativa.
Informática UB. Revista dŽinformática universitária. Universitat de Barcelona. Centre dŽInformática.
Vídeos
Cur's dŽinformática. DŽuna manera o de lŽatre. Volume 1.
CurŽs dŽInformática. Estructyras de dades. Volume 2.
Cur's dŽinformática. Bases de dades. Volume 13.
Fonaments de la computació. (Doblados ao catalán).
Informática, educació. UPC.
Introducció a la tecnología de la informació: aspectes socials.
Propiedad de Software. Forum dŽInformática. Universitat-Empresa.
Tecnologia de la informació per a vosté.
Apéndice 2: Agradecementos.
Este informe foi realizado coa colaboración desinteresada de muitas persoas. Algunhas delas proporcionaron-nos información, outras redirixiron-nos aos lugares onde podiamos atopa-la e por elo lles estamos profundamente agradecidos. Neste apartado recollemos os nomes daquelas persoas que de maneira particular ou en representación das institucións ou organismos às que pertencen nos axudaron dalgunha maneira. A todos eles: Muitas Gracias. Eskarrikasko. Moltes Gracies.
Antonio Fernández Coca, Carles Bellver, Carles Flamerich i Castells, Daniel Garcia i Tarrazona, Eduard Elias i Vila, Elena Noguera Pigem, Elisenda Bernal, Enric Navarro Sanchis, Enrique Ros de Ursinos Ribes, Ferran Fabregat, Fran (Serveis Informatics, UPC), Francesc Comellas, Gabriel Valiente Feruglio, Gerard Rodriguez i Mulá, Idoia Usoz, Ignasi Palou-Rivera, Jaume Guasch, Javier Gomez Guinovart, Joan Jofra, Jordi Adell, Jordi Perez, Jordi Petit Silvestre, Josep Lluis Cortes, Josep M. Chorda Fandos, Josu Aramberri Miranda, Kepa Sarasola, Leandro Navarro, Llorenc Colome Comajoan, Luis Angel Fernández Hermana, M. Carme Mari, Mercé Noguer, Montserrat Noro Castells, Pere Botella, Ricard Pineda, Servei d'Estudiants de la Universitat de Barcelona, Ton Sales, Toni Cortes Rossello, Vicent Partal.
En especial queremos agradecer o apoio e colaboración do persoal pertencente ao Departamento de Electrónica e Sistemas da Universidade da Coruña, en concreto aos xerenciadores do servidor WWW: Daniel Iglesias e Carlos Escudero. Tamén queremos agradecer-lle à Mesa pola normalización Lingüística o seu apoio e suxestións.